Winning entries could not be determined in this language pair.There were 3 entries submitted in this pair during the submission phase. Not enough votes were submitted by peers for a winning entry to be determined.Competition in this pair is now closed. |
O paradoxo da góndola (do supermercado, non de Venecia), que non existe e que veño de acuñar, establece que a frustración xerada polo tempo perdido elixindo un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión para as nosas vidas. Dito de outro xeito, é o que pasa cando un queda fitando bidóns de lavandina sen saber cal levar. Pouco pode variar entre unha fórmula de hipoclorito de sodio e outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección, e sen embargo aló nos quedamos, fitando e comparando bidóns coma se fosen chocolates suízos. Pero séculos antes da existencia do supermercado coma o coñecemos viviu Jean Buridan, filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e afirmaba que é posible tomar calquera decisión utilizando a razón. En resposta, algúns críticos da súa postura imaxinaron a situación de un asno fronte a dous montóns de feo que, ante a dúbida infinita de cal será o máis saboroso, non pode decidir e morre de fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que podendo comer non o fai porque non pode decidir que montón é máis conveniente (ambos montóns lle parecen iguais). Pero lonxe de me facer pensar sobre o rol da razón na toma de decisións, a min esta historia espértame unha pregunta sobre o asno. E o que me pregunto non é que fai ou non o asno, senón que sabe. E, máis propiamente, se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. | Entry #32963 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|
O paradoxo da góndola (do supermercado, non de Venecia), que non existe e acabo de cuñar, establece que a frustración xerada polo tempo perdido ao elixir un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión para as nosas vidas. Dito doutro xeito, é o que ocorre cando un queda a mirar para as garrafas de lixivia sen saber cal levarse. Pouco pode variar entre unha fórmula de hipoclorito de sodio e outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección e, no entanto, aí quedamos, mirando e comparando garrafas como se de chocolates suízos se tratase. Pero séculos antes da aparición do supermercado tal e como o coñecemos viviu Jean Buridan, filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e afirmaba que é posible tomar calquera decisión co uso da razón. En resposta, algúns críticos da mesma postura imaxinaron a situación dun asno fronte a dúas moreas de feo que, ante a dúbida infinita de cal é o máis apetitoso, non pode decidir e morre de fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que podendo comer non o fai porque non pode decidir que é máis conveniente (ambas moreas parécenlle iguais). Pero lonxe de facerme pensar sobre o rol da razón na toma de decisións, esta historia esperta en min unha pregunta sobre o asno. E o que me pregunto non é que fai ou non fai o asno, senón que sabe. E, máis especificamente, se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. | Entry #33076 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|
O paradoxo da góndola (as que hai nos supermercados, non as de Venecia), que non existe, pero que veño eu de acuñalo, establece que a frustración xerada polo tempo perdido elixindo un produto é directamente proporcional á irrelevancia desa decisión nas nosas vidas. Ou o que vén sendo o mesmo, é o que acontece cando un queda a mirar as botellas de lixivia sen saber cal levar. Unha fórmula de hipoclorito de sodio pouco pode variar de outra cando o que interesa é o seu poder de desinfección, mais aí ficamos, a ollar e comparar as botellas como se foran chocolates suízos. Se nos remontamos séculos antes da existencia do supermercado tal e como o coñecemos hoxe en día, atopamos a Jean Buridan, un filósofo francés que defendía a existencia do libre albedrío e que afirmaba que é posible tomar calquera decisión usando a razón. En resposta, algúns críticos da súa postura imaxinaron a situación dun asno diante de dúas moreas de feo que, ante a dúbida infinita de cal é o máis apetitoso, non pode decidir e morre coa fame. Trátase, segundo algúns, dun paradoxo, xa que, pudendo comer, non o fai porque non pode decidir que morea é a máis conveniente (ámbalas moreas lle parecen iguais). Porén, lonxe de me facer pensar sobre o rol que xoga a razón na toma de decisións, a min esta historia exponme unha dúbida sobre o asno. A miña pregunta non é o que fai o asno, senón o que sabe. E aínda vou máis alá: se sabe que non sabe cal é a mellor decisión posible. | Entry #33635 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|